¿Qué é Protección Civil?

A Protección Civil Municipal ten como fin a configuración dunha Organización en base ós recursos muncipais e á colaboración das entidade privadas e dos cidadáns, para garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante danos producidos polas situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, mediante a realización de actividades que permitan evitar as mesmas, reducir os seus efectos, reparar os daños e, no seu caso, contribuir a correxir as causas que os produciron.

Organización da Agrupación de Protección Civil de Oroso

A Agrupacion de Voluntarios de Protección Civil de Oroso está regulada polo seu Regulamento aprobado por acordo do Pleno do Concello en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2002, e foi constituida e empezou a prestar servicio no mes de xaneiro de 2003.
A Agrupación depende directamente do Alcalde, que delegou o exerccio das súas funcións e competencias no Concelleiro Delegado de Protección Civil. Non obstante, a Agrupación encádrase, orgánica e funcionalmente nos Servicios de Seguridade e Policía Municipal.
Na actualidade a Agrupacion está constituida por un Responsable, un Coordinador, subxefe,tesoreira,secretario,vocais e voluntarios operativos e colaboradores.
A sede está ubicada na Casa Consistorial, sita na Praza do Concello, 1 en Sigüeiro.
A tarefa máis importante que realizamos é a intervención en situacións de peligro, sobre todo en accidentes de tráfico, incendios e inundacións.
Algunha dAs actuacións que os voluntarios organizan e levan a cabo son para cubrir acontecementos onde se producen aglomeracións de persoas na nosa localidade: Cabalgata de Reis, Entroido, Festa da Troita, Semana Cultural, Camiño Inglés e outros eventos d etipo relixioso ou popular.
Na Agrupación estas en continua formación, realizando cursos de perfeccionamento e especialización en diferentes ramas para poder afrontar da mellor maneirao calquer situación que se presente.

Etiquetas

La lista de etiquetas está vacía.

Contacto

Protección Civil Oroso páxina facebook: emerxencias avpc oroso orosocristian@hotmail.com